Inspiración que vén de Holanda
8 noviembre, 2016Así funciona acuBam
16 noviembre, 2016Dezanove persoas do sector agrario do Baixo Miño acoden ao curso “Xestión de explotacións agrarias”
Ana González Baños é a persoa encargada de impartir o curso, unha asesora empresarial coñecedora da realidade das empresas agrícolas. O seu obxectivo durante as 40 horas que durará a formación é trasladar ao grupo unha base de coñecementos contables que lles permita analizar as contas anuais das súas empresas para poder actuar sobres elas tomando decisións para que a súa actividade empresarial sexa máis rendible.
“Non se trata de formar contables, senón de adquirir unha serie de coñecementos económicos, contables e financeiros que lles permitan analizar os resultados das súas empresas”, explícanos Ana.
O curso, organizado por acuBam en colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, cumpre o compromiso da asociación de realizar formación técnica específica para o sector.