Plan de internacionalización mediante realización de accións de promoción exterior conxunta
IG.208.2018: Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020
IG.208.2019: Axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020
Resumo dos proxectos: O sector do agro no Baixo Miño xurde nos anos 80 como unha nova actividade económica, coa intención de crecer e consolidarse como unha fonte de desenvolvemento económico e social da comarca, experimentando un crecemento exponencial nos últimos anos, chegando a abarcar, ademais do mercado nacional, mercados internacionais europeos e de Oriente medio.
Nestes últimos anos, a Asociación de Cultivos Baixo Miño – acuBam, aposta polo fortalecemento do sector deseñando un plan estratéxico como ferramenta de planificación e xestión. A internacionalización das empresas do sector é un dos eixos principais de actuación dentro deste novo Plan Estratéxico Sectorial, materializada en acadar novos mercados e incrementar as vendas dos produtos e servizos a nivel internacional, a través de accións de promoción exterior e misións comerciais, de profesionalización das áreas internacionais nas empresas e de incremento de coñecemento sobre novos mercados.
Os proxectos en concreto avanzan na materialización destas accións, co obxectivo último de mellorar a competitividade das empresas do agro da comarca de O Baixo Miño, a través do fortalecemento e posicionamiento en mercados internacionais.
Os resultados a alcanzar son:
· Incremento de presenza das empresas do sector agro representadas en acuBam, en mercados internacionais
· Aumento das vendas de produtos e servizos a nivel internacional: Mellora dos ratios de rendibilidade económica das empresas
· Creación de emprego e maiores índices de estabilidade laboral no sector.
Accións financiadas:
· Realización de visitas a feiras internacionais
· Participación como expositores en feiras internacionais
· Fortalecemento comunicativo do sector