O sector da planta ornamental visita a Feira Plantarium de Holanda
1 septiembre, 2023A diversidade e exuberancia vexetal dun xardín en Caldas de Reis, gañadora dos IV Premios Xardín Galego
14 febrero, 2024Os Premios Xardín Galego representan unha iniciativa impulsada pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), co obxectivo de destacar e difundir exemplos sobranceiros de traballo en xardinería, tanto en ámbitos públicos como privados, levados a cabo por empresas e profesionais autónomos en Galicia. Esta iniciativa procura dignificar e promover o sector da xardinería dentro da comunidade autónoma de Galicia.
A través deste comunicado, presentamos o acta de valoración das candidaturas recibidas para a 4ª edición dos Premios Xardín Galego, realizada por un xurado profesional composto por:
–Jaume Alagarda Nacher, presidente da Federación Española de Empresas de Xardinería (FEEJ) e xerente de Sol i Vent Paisatges, S.L.
–Francisco Marco Rubio, presidente da Asociación Española de Xardinería Ecolóxica e formador especializado en agroecoloxía e medio ambiente.
–Santiago Lamosa Quintero, Doutor Enxeñeiro Agrónomo e profesor de xardinería e paisaxismo na Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).
–Raquel Domínguez Pereira, Enxeñeira Técnica Agrícola pola Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela). Responsable de oferta de Coplant.
–María Victoria Álvarez Fernández, Directora de compras e marketing en Viveiros Rio Tollo. Presidenta de Acubam.
Dende ACUBAM e Agaexar, queremos resaltar a evolución positiva dos Premios Xardín Galego, observando un aumento gradual da participación no certame, pasando de tres empresas participantes na súa primeira edición, a nove nesta última. As candidaturas que competiron nesta edición foron as seguintes:
- Proxecto de paisaxismo en Palacio de la Oliva. Autor: Ángel Romero Rodríguez (ARomero Paisajismo)
- Mourelos. Autor: Martín Toimil Mato (LaND30)
- Xardín en Caldas de Reis. Autor: Ángel Otero Álvarez
- Reacondicionamento de xardín Charo. Autora: Marina Muñoz Orta (Brivegmar)
- Mellora paisaxística de xardín en Celanova. Autora: R. Aricia Rodríguez Romero (Proyecta Paisaje)
- Praza do Calvario. Autor: Víctor Mario Pérez Vilar (Píntega Xardíns)
- 7. Rotondas en Porriño. Autora: Sinda Davila Bastos (VerdeOn)
- 10×7 Boiro. Autor: José Souto Piñeiro (Innova Paisaxes)
- Xardín aberto ao mar. Autora: Magda Jandová (Viveiros Adoa)
Unha vez realizada a valoración das candidaturas presentadas, o Xurado outorga o primeiro, segundo e terceiro premio ás seguintes propostas:
- PRIMEIRO CLASIFICADO: XARDÍN EN CALDAS DE REIS, autor Ángel Otero Álvarez, acadando 136 puntos.
- SEGUNDO CLASIFICADO: MOURELOS, autor Martín Toimil Mato (LaND30), acadando 130 puntos.
- TERCEIRO CLASIFICADO: PROXECTO DE PAISAXISMO EN PALACIO DE LA OLIVA, autor Ángel Romero Rodríguez (ARomero Paisajismo), acadando 124 puntos.
O acto de entrega de premios, ao cal todos están convidados, terá lugar o vindeiro venres, 9 de febreiro ás 12:45 horas, no salón de plenos do Concello de Tomiño. Trátase dun evento público que contará coa presenza de Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño.
A Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) agradece a todas as empresas participantes nesta edición a súa confianza, que axuda aos Premios Xardín Galego a medrar e consolidarse cada ano, e felicitar aos gañadores polo seu traballo.