Falamos con… José Cosmed
2 noviembre, 2016Xestión de explotacións agrarias
9 noviembre, 2016Holanda foi o centro mundial do sector verde a pasada semana. Celebráronse a Royal FloraHolland e a IFTF Expo.
AcuBam estivo presente da man de varios dos seus socios: Suministros Hortícolas Bacelo, Coplant, Río Tollo e Viveiros da Barxa.
Óscar de Viveiros da Barxa era a primeira vez que acudía á Royal FloraHolland. “A feira sorprendeume porque non é unha mostra de produtores, que é ao que estou afeito, é unha mostra centrada na presentación dos produtos. Aí nós estamos uns pouco verdes en comparación con países como Holanda que levan anos coidando a imaxe da planta que chega ao consumidor final”.
Manuel Bacelo acode sempre que pode. “O ano pasado xa atopei a feira moi animada, pero o deste ano foi espectacular, case non se podía andar polos corredores. Os expositores estaban entusiasmados e había xente de todas partes do mundo que volve acudir á feira. A sensación de recuperación era total”.
Cal é a diferenza entre as dúas feiras? A IFTF está orientada a empresas grandes, que exportan planta para todo o mundo, hibridadores de planta,… A FloraHolland está máis centrada en planta holandesa, en todo o relacionado con decoración e xardinería.
Lévannos moita vantaxe os países do norte en presentación de planta? Claro que nos levan vantaxe pero porque os hábitos nos países do norte son moi diferentes aos nosos. No mercado español a xente compra unha planta para plantar nunha maceta e que lle dure un par de anos polo menos. En Alemaña, Holanda, Bélxica,… teñen un consumo altísimo de produtos de xardín, cambian de flores e plantas cada mes porque o clima tampouco permite que duren moito máis e fan moita vida dentro de casa. A venda de plantas neses países prodúcese moito en grandes superficies que colocan a planta tal cal lles chega. Se esa planta vén nunha bonita maceta, con adornos, ten máis opcións de venda. A tendencia é vender produto preparado para o consumidor final.