Cores Tourís recolle as demandas da comercializadora Coplant para mellorar a cobertura de rede e reducir o IVE do sector
13 junio, 2014Acubam estivo presente en Allariz por partida doble
6 noviembre, 2014
O 1, 2 e 3 de outubro celebrouse IBERFLORA (Feria Internacional de Planta y Flor Mediterránea, Tecnología y Jardín). A feira anual é a referencia do sector en España e celébrase dende 1972 en Valencia. Iberflora ten como obxectivo ofrecer o máis amplo catálogo de produtos dunha forma ordenada que favoreza aos compradores. O Salón de Planta e Flor reúne as máis importantes empresas do sector, e a celebración do Salón do Xardín configura unha oferta dificilmente superable, e que vai na dirección que marcan as tendencias comerciais nos puntos de venda. Por outra parte, o Salón da Tecnoloxía recolle os avances en tecnificación aplicada á horticultura e a xardinaría que o sector demanda. Gran parte da importancia desta feira reside en que máis do 25% das firmas expositoras proveñen doutros países.
A representación de acubam viu da man de Brotes, Coplant, Viveros Juan Peixoto, Viveiro Corema e Viveiros da Barxa. Con eles charlamos para coñecer as súas impresións.
É a primeira vez que expoñedes? Si, é a miña primeira vez como expositor.
Como valoras a experiencia? Tivemos bastantes visitas, os resultados valoraranse en próximas campañas.
Que supón Iberflora para o mundo do viverismo? É a feira máis importante de España. A pesar de que nos últimos anos baixou o seu nivel pola situación económica global, este ano o ambiente era bo, respirábase optimismo entre os visitantes e tamén entre os expositores.
Cal é voso produto estrela? Planta nova, en alvéolo ou maceta. Reprodución de planta ornamental.
Que aprendiches? É interesante ir a feiras. As novas tecnoloxías non substitúen o trato persoal cos clientes e provedores.
Repetirías? Si, por suposto, sempre que as condicións sexan favorables e os resultados sexan os esperados.
Levades 10 anos acudindo a Iberflora, xa tedes unha visión de percorrido. Existía ambiente de recuperación? Os números non son bos, pero a recuperación percíbese nos intanxibles, as conversacións de traballo, o ambiente dos corredores. Anos atrás palpábase a preocupación, agora vólvese a falar de traballo.
Que viches en Iberflora 2014? Ganas de traballar, negocio.
O voso stand? A novidade foi a Horténsia Magical de Río Tollo, da que temos exclusividade para a Península Ibérica.
Os vosos produtos? Camelias, bambús, trepadoras, coníferas, horténsia, nandinas, rhododendrom, phormium… a nosa planta ten o seu nicho de mercado. Complementa a outras especies en países como Inglaterra, Holanda, Bélxica, Alemania, Italia, Francia. A diversidade permítenos competir mellor. Moitas zonas distintas.
O Baixo Miño? Somos unha zona de vangarda. Estamos traballando na profesionalidade e busca de mercados internacionais.
É importante de acudir a feiras? A xente deixou de acudir ás feiras por diñeiro, porque pensaba que con internet e as novas tecnoloxías suplían ás feiras pero non é así. Internet complementa pero nunca suple. Por tres motivos:
1. A fotografía que tes do sector nunha feira como Iberflora é impagable. É todo información de primeira man.
2. Estás cara a cara con vinte ou trinta clientes importantes en varios días, fas negocio.
3. A imaxe de marca trabállase nunha feira, porque nós non saímos na televisión.
Compénsavos acudir a Iberflora? Vendemos máis do que gastamos. Aínda que non fora así, acudiriamos igual.
Ves un stand de acubam na feira? Tería sentido como potenciación da marca Baixo Miño. Había un stand de Viveralia, que é a feira de Alicante.
Se comparamos a Mostra de Tomiño con Iberflora… A nosa feira está moi ben como espectáculo, a acollida que ten no municipio é moi positiva. Fallamos nas relacións profesionais porque aos nosos clientes cústalles achegarse a unha feira que aínda non está suficientemente orientada ao ámbito profesional. Cada ano veñen máis, pero tamén temos que estar preparados para cando veñan. Creo que o obxectivo sería alcanzar o equilibrio entre público local e profesional.
Viveros Juan Peixoto, Juan Peixoto
É a primeira vez que expoñedes? Non, levamos 25 anos expoñendo en Iberflora, dende 1989.
Como ves a traxectoria da feira nestes 25 anos? Antes as feiras eran bonitas para o público, facían xardíns exclusivos para a feira, que duraba ata nove días. Era máis internacional. Agora xa non veñen tantos estranxeiros. A feira foi crecendo sempre ata 2007, coa crise comezou a caer ata 2012. Este ano e o anterior xa se nota a recuperación. É unha sensación xeral de mellora.
Algunha data importante? Recordo especialmente o ano 2009 porque foi a presentación da hortensia que florece dúas veces ao ano. Hydrangea Macrophylla Innocence. Está patentada e hoxe está asentada no mercado. Adáptase a calquera climatoloxía, aguanta ata -30ºC.
Cal é voso produto estrela? Planta exterior ornamental de Galicia. O noso mercado é nacional.
Aprendiches algo novo? Sempre que se sae, apréndese. Tentéase o mercado. Mentres poidamos iremos sempre. Temos clientela fixa á que vemos alí, é un punto de encontro. Unha vez que vas tes que volver, se non estás parece que a empresa desaparece.
É a primeira vez que expoñedes? Si, temos experiencias previas nalgunha feira en Galicia, pero nada a este nivel. Esta é unha feira nacional con algúns visitantes internacionais.
O voso obxectivo? Contactar con clientes maioristas internacionais e afianzar os nacionais. O contacto témolo. As vendas veranse en primavera.
Importancia de acudir a feiras? É un contacto cos clientes. A xente valora falar persoalmente.
Cal é voso produto estrela? Levamos arbusto ornamental de flor. Dentro do mercado internacional estamos ben en Portugal, gustaríanos captar Francia, Alemaña, Reino Unido ou Holanda.
Como valoras a experiencia? A experiencia ben, positiva. Sendo a primeira vez que acudimos, calquera contacto novo vai ser ben recibido.
Como ves o sector no Baixo Miño? O Baixo Miño é punteiro e alí víase claramente. O público parábase moito na nosa zona.
Que aprendiches? Que o mundo é moi grande e está cheo de posibilidades. Non o coñecemos todo.
Un posto de acubam? Podería ser unha posibilidade de dar a coñecer zona. Non para dar a coñecer os viveiros, máis ben a comarca produtiva.
Viveiros da Barxa, Óscar Vaquero
Cal é voso produto estrela? As palmeiras resistentes ao frío.
É a primeira vez que expoñedes? Si, fomos cun posto compartido con Corema.
Como valoras a experiencia? Quedamos moi contentos porque defendemos a nosa planta directamente. O visitante é 100% profesional, moi interesante. A experiencia foi moi grata, repetiriamos seguro. A xente está moi receptiva, en ambiente relaxado, menos estresada. Quedamos encantados coa organización da feira. Tratáronnos estupendamente.
Conseguiches o teu obxectivo? No meu caso a intención era establecer contactos para abrir mercados en Alemaña, Holanda e Inglaterra. E o obxectivo conseguiuse.
Resultou útil comercialmente? Iso comprobarémolo na seguinte primavera, pero os contactos están feitos.
Que aprendiches? Que cada vez hai que ser máis profesionais, o público desta feira está moi preparado, sabe moi ben o que quere e se fallas en algo, o detectan.
Como ves o sector no Baixo Miño? Vemos que cada vez as empresas son máis profesionais e se conseguen producións que nada teñen que envexar ás doutras zonas produtoras. Cremos que seguindo esta liña poderemos chegar a calquera punto e defender a nosa planta con garantías de éxito.