Os nosos viveiristas en Iberflora
4 noviembre, 2014Coplant cumpre 10 anos
10 noviembre, 2014A 5ª edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz chega ao seu fin. Acubam colaborou dobremente co festival, por un lado patrocinando un dos xardíns e por outro, coa realización dunha exposición de planta ornamental.
A parcela 5, baixo o título de “Cornucopia floribunda” foi o xardín patrocinado por Acubam. De autoría italiana, trataba o tema da abundancia a partir da mitoloxía romana. A prosperidade, a floración abundante e o desexo de abundancia en un xardín eran os fíos condutores da súa proposta.
Falamos con José Cosmed, presidente de Acubam.
Cal é o obxectivo da colaboración co festival? Como produtores, o que nos interesa é que haxa unha representación da nosa planta en Allariz. Dar a coñecer o que se produce no Baixo Miño e o potencial que ten de produción. Facilitamos un listado de produtos para que poñan a disposición dos participantes do festival e o teñan en conta para as súas propostas. Porque si presentan plantas que non son da zona terán problemas de mantemento do xardín. Tamén realizamos unha exposición de flora ornamental, como mostra representativa da planta galega producida no Baixo Miño. Estivemos alí para a presentación da actividade na fin de semana do 20 e 21 de setembro.
Este festival vai consolidando a súa posición como referente non só entre os visitantes, senón tamén entre os profesionais do sector. Cada ano, o número de propostas para participar crece de maneira exponencial. Este ano 2014 recibíronse máis de 50 proxectos.