Acubam estivo presente en Allariz por partida doble
6 noviembre, 2014Rebaixa do IVE en flores e plantas
14 noviembre, 2014“Coplant comeza fai 10 anos cun grupo de persoas traballando xuntas con ganas e honradez”.
Emilio Estévez Martínez, o seu xerente, fíxonos balance dunha década de traballo.
Cal é a situación do sector? O sector tivo a súa campana de Gaus, e como en tantos sectores, a demanda baixou antes que a oferta. Nos anos 2010-2011 comprábase moito menos, pero os produtores seguían fortes. Pouco a pouco os produtores foron debilitándose. Tamén melloraron os cobros porque os grandes impagadores xa pecharon. O mercado segue contraído pero está máis equilibrado, ou polo menos estamos máis preto do equilibrio. Nos anos 2010-11, que había moita oferta e pouca demanda o mercado estaba en crispación. Agora temos un mercado máis pequeno pero máis equilibrado. A clave para nós foi saber adaptarnos a esa caída da demanda baixando o lote. Vendemos pequenos lotes en moitas zonas. Vender o que o cliente quere. Ser un mercado de demanda, antes eramos un mercado de oferta. Como hai menos oferta de planta, vimos a posibilidade de suministrar pequeno lote en novas zonas.
Retos de futuro. Non grandes retos. Queremos crecer un poquiño máis. Onde chegue a nosa loxística, pouco a pouco. Afianzando mercados. É un momento de eficiencia, aínda hai espazo para optimizarse. Pero máis tarde ou máis cedo teremos que crecer, con empresas novas, máis terra. Isto non é un mercado pechado. Tamén estamos rastrexando novos mercados: Turquía, que é una aposta distinta.
Salimos da crise? Non salimos da crise desde o punto de vista de falla de recursos e sufrimento social pero nótase un reequilibro do mercado. O mercado está nun punto de eficiencia tecnolóxica que o cliente necesita. Estamos en condicións, se non aparece ningún axente exóxeno, de recuperarnos en poucos meses. A crise supuxo para o noso sector a necesidade imperiosa de industrializarnos. Era un sector un tanto “artesanal”. Tivemos que apostar pola eficiencia.
A que se debe o éxito de Coplant? A vocación dos socios dos viveiros é fundamental. A existencia dunha amizade previa, unha sinerxia de traballo. Pasábanse os clientes de uns a outros. Coplant comeza cun grupo de persoas traballando xuntas con ganas e honradez. Cando Coplant comeza a ter entidade propia con instalacións e personal propio, é cando chega a industrialización do proceso de venta, de cobros, financeiro, de todo. A forza inicial únese á industrialización.
A clave está no interese polo ben común, a honradez, a ética e a honra persoal.