Coplant cumpre 10 anos
10 noviembre, 2014Mostra de Cultivos 2015, comezamos!
19 noviembre, 2014O Senado aproba a rebaixa do IVE de flores e plantas ornamentais do 21% ao 10%.
Antes da suba do IVE aprobada polo Goberno en 2012 todos estes produtos tributaban ao 8%.
A rebaixa do IVE en flores e plantas ornamentais foi unha iniciativa de CiU a través dunha emenda, aprobada por todos os grupos parlamentarios do Senado.
O Senado aprobou onte unha rebaixa do IVE de flores e plantas ornamentais, que pasarán de estar gravadas polo tipo xeral do 21% ao reducido do 10%. Así consta nunha emenda incluída na reforma fiscal, que agora volverá ao Congreso dos Deputados para completar a súa tramitación parlamentaria e poida entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2015.
Pasarán a tributar ao 10% “as flores, as plantas vivas de carácter ornamental, así como as sementes, bulbos, esquexes e outros produtos de orixe exclusivamente vexetal susceptibles de ser utilizados na súa obtención”.