A noite máis verde acolleu o acto conmemorativo do 50 aniversario de Iberflora. Un evento no que se fixo unha distinción especial a 12 persoas, embaixadores de Iberflora desde que naceu a feira, fai xa 50 anos.
Entre os homenaxeados estivo Juan Peixoto, como un recoñecemento á súa traxectoria profesional e a súa achega desde fai 30 años para que esta feira sexaa un referente a nivel internacional. É a única feira de Europa que consegue chegar ao seu 50 aniversario.
Tamén hai que destacar que este ano a feira foi un éxito, a mellor dos últimos 15 anos: máis expositores e un 38% máis de visitantes, ata alcanzar os 12.000, cun volume de negocio moi superior a os últimos anos.
O acto de conmemoración do 50 aniversario foi clausurado polo Conseller de Economía Sostible da Comunidad Valenciana, Rafael Climent, que amosou todo o seu apoio a todos os asistentes.