acuBam participa activamente no GDR14
16 junio, 2016Coñecendo os nosos cultivos, hoxe falamos do bambú
19 julio, 2016Viveiros Río Tollo saca ao mercado por quinto ano consecutivo a súa colección de Hortensia Paniculata.
Doce variedades cun nexo común: a flor con forma de panícula. Falamos con José Collazo, xerente de Río Tollo, para que nos conte os detalles deste cultivo.
Que ten a paniculata que non teñan outras hortensias? O tamaño da flor. É unha especie de hortensia que se caracteriza pola súa abundante e duradeira floración.
Non é unha variedade demasiado coñecida. De momento vese pouco na nosa zona porque non existía produción propia, o pouco que había era de importación.
Onde está o mercado de venda? Pois toda a Península e tamén o resto de Europa. Vendemos moito en Portugal porque é unha variedade moi valorada en Francia. No verán, cando os portugueses emigrados veñen de vacacións, compran moita paniculata.
Cales son os coidados que precisa? Regala con frecuencia e pouco máis. É unha variedade moi rústica que pode florecer ata dúas veces ao ano se se poda despois de dar as primeiras flores. As últimas flores de final verán secan na planta adquirindo uns tons ocres e marróns ideais para decoración en floreiros de interior.
Que lugar ten a paniculata dentro da vosa produción? É un cultivo estival que nos serve de complemento para reforzar a oferta de verán. Iniciamos o seu cultivo fai cinco anos e fomos crecendo continuamente. Este ano dispoñemos de 20.000 unidades de planta.
I+D+i, Río Tollo colabora estreitamente con hibridadores internacionais para sacar novidades todos os anos. No noso viveiro testamos novas variedades buscando aspectos como resistencia e duración da flor, novas cores, resistencia a pragas e enfermidades,etc. Estas probas duran un ano, e as que pasan todos o Test son introducidas na cadea de produción ao ano seguinte. Este ano as novidades son a Hydrangea paniculata Conffeti e a Montblanc, entre outras. Estas novas obtencións están protexidas con Dereitos de Autor e os seus correspondentes royalties (PBR).