Traballando cada día polo futuro do sector
15 junio, 2016Estamos en plena temporada de hortensia
27 junio, 2016Óscar Vaquero Pereira é o representante de acuBam na Mesa Sectorial Agro Gandeira do GDR 14
Un GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) é unha entidade asociativa sen ánimo de lucro, integrada por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento para o seu territorio de actuación.
O futuro GDR 14 abarcará Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui. Na actualidade o grupo ten 224 entidades asociadas, públicas e privadas, organizadas en mesas sectoriais en función da súa natureza:
- Institucional
- Muller
- Montes e Medio Ambiente
- Desenvolvemento económico
- Veciñal, Cultural, Deportiva e Xuvenil
- Acción social
- Agro – Gandeira
Óscar Vaquero Pereira é o representante de acuBam na Mesa Sectorial Agro Gandeira do GDR 14.
En que consiste a túa participación no GDR?
Eu transmito, eu nome de acuBam, as necesidades que detectamos para un desenvolvemento sostible do sector agrogandeiro no noso territorio. Digamos que poño o punto de vista do sector primario para o desenvolvemento da nosa zona.
Cales foron as propostas que trasladastes ao GDR?
As nosas propostas foron moitas:
1- A recuperación paisaxística de espazos degradados
2- A creación de espazos naturais con interese paisaxística e destinados ó lecer
3- O apoio e desenrolo de proxectos de I+D+I
4-O apoio a proxectos de formación social en favor do sector agrario
5- Campañas de valorización do sector agrario, e eliminación de prexuízos
6- Formación específica no sector agrario
7- Apoio a creación de empresas xestoras de residuos agrarios non só orgánicos
8- Desenrrolo dun plan estratéxico sectorial do sector primario
9- Apoio aos proxectos de mellora e acondicionamento de empresas xa existentes que teñan como finalidade a optimización de procesos produtivos, a posta en marcha de novas liñas de produción e a innovación en canto a variedades cun importante valor engadido.
10- Apoio a creación de plataformas sectoriais de internet coas que achegar os produtos a distintos mercados dos locais.
Estas son as nosas aportacións, que nalgún caso coincidiu con algunha feita por parte de outras mesas sectoriais, como por exemplo a recuperación paisaxística de espazos degradados.
En que punto se atopa a día de hoxe o proceso?
Coas propostas recibidas de todos os axentes socias elabóranse as liñas de actuación e o plan de acción, que se remite ao AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) que é o órgano dependente da Xunta de Galicia que dará ou non o visto bo ás diferentes propostas.