Balance Iberflora 2013
23 octubre, 2013Coplant estará presente na Flower Show en Estambul
26 noviembre, 2013O pasado luns, 11 de novembro, o Concello de Tomiño presentou o Plan Estratéxico de Tomiño froito do traballo realizado nos últimos meses con reunións de traballo con distintos colectivos entre os que estivo acuBam, a Asociación de Cultivos Baixo Miño.
Neste destacouse a importancia que o sector primario ten no municipio. As cifras falan por si soas: 296 hectáreas dedicadas ao kiwi, 250 hectáreas á uva e 350 hectáreas aos viveiros. En total case 900 hectáreas dedicadas aos cultivos. Destacouse ademais que se trata dun sector moderno e internacionalizado. Ademais no estudoDAFO no apartadote fortalezas sinálase en clima polas súas idóneas condicións para o cultivo.
O Plan Estratéxico sinala seis eixes estratéxicos a ter en conta con obxectivos tanto a medio como a longo prazo. Un destes eixes é a Economía Verde, un ámbito no que se fixa como obxectivo a curto/medio prazo o investimento en I+D+i e a exportación, e a medio/longo prazo a posta en valor do sector e mellorar o seu prestixio social.
Na presentación do Plan se sinalo como precisamente un dos obxectivos sinalados que era o asociacionismo é xa unha realidade coa creación de acuBam.