A Economía verde é un dos seis exes estratéxicos sinalados no Plan Estratéxico de Tomiño
21 noviembre, 2013Xornadas cooperativismo agrario
3 diciembre, 2013Istanbul (Turquía), acollerá dende este xoves 28 de novembro ao domingo 1 de decembro a Flower Show (web), unha feira especializada na flor cortada. Neste certame feiral vai estar presente COPLANT, coas cinco empresas, que a conforman Vidaplant, Río Tollo, Galiplan, CultivosCasaíta, e Plantas Ozores. Serán a única representación galega na capital turca e un dos poucos expositores españois que acudan a esta feira.
O director de COPLANT, Emilio Estévez, e o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, presentaron ante os medios de comunicación esta misión comercial internacional organizada pola Cámara a través do Plan Foexga.
A Flower Show é unha feira estratéxica para ou mercado asiático e do leste europeo.
Segundo Emilio Estévez a variedade de planta que poderán vender ao mercado turco será principalmente bambú, camelia e formium, pero en xeral aspiran a vender toda as variedades de planta que producen.
Moita sorte Coplant!!