acuBam renova convenio con CaixaBank
22 julio, 2016Apostando pola xuventude
19 agosto, 2016Patricia Rodríguez forma parte de acuBam dende a súa fundación en 2013
Primeiro como secretaria e dende hai un mes como presidenta da asociación, Patricia Rodríguez é unha defensora do sector agrario.
Que diferenza hai entre aquela primeira reunión e as xuntanzas actuais? Aquela primeira reunión faise por necesidade para poder continuar realizándose a Mostra, agora, as reunións son para a busca de consenso para unificar criterios e esforzos traballando a favor do sector.
Cantas persoas traballades e como se organizan as tarefas? Somos varios os socios que mantemos unha responsabilidade máis marcada en colaboración cos postos da directiva. A organización é por campos de traballo, por temática, polo que algún se encarga de proxectos en común con outras entidades e outras persoas se encargan por exemplo de proxectos relacionados directamente coa Mostra, pero o traballo, aínda que se realiza por mesas de traballo, sempre ten unha posta en común e aportación e debate de todos.
Son difíciles as tomas de decisións? Algunhas que implican cambios fundamentais como o rumbo a seguir da asociación ou da Mostra si.
Que é o máis gratificante da túa dedicación a acuBam? Son unha apaixonada do meu sector, creo na agricultura e nas posibilidades deste sector e desta comarca, e acuBam permíteme traballar a prol disto e dun traballo en conxunto entre empresas é enriquecedor e fortalecedor.
E o máis duro? Non recibir por parte dos socios o apoio no traballo que a directiva desempeña.
Como afrontas a nova etapa como presidenta de acuBam? Con moito respecto e moita ilusión, contenta porque temos un equipo directivo representativo do sector, con ganas de continuar traballando por esa semente que representa o logotipo de acuBam, para que continúe o posicionamento da nosa asociación e se consoliden distintos proxectos que sigan fortalecendo o sector no Baixo Miño.