Coñecendo os nosos cultivos, hoxe falamos do bambú
19 julio, 2016Patricia Rodríguez é a nova presidenta de acuBam
29 julio, 2016acuBam, seguindo na liña de traballo de defensa das necesidades do sector agrícola do Baixo Miño, vén de renovar un convenio anual coa entidade bancaria CaixaBank.
As necesidades de mellora e ampliación das instalacións agrícolas, anticipos para os gastos de campaña e servizos de protección para cubrir os riscos son cuestións que afectan á maioría das empresas do sector verde. O convenio asinado permite ás empresas socias de acuBam acceder a crédito e outros servizos financeiros en condicións favorables.
O compromiso que desde hai anos vén mostrando CaixaBank co Baixo Miño queda reflectido un ano máis no seu apoio á asociación de cultivos acuBam.
Tras a firma do convenio, a cargo do director de área de negocio de CaixaBank en Pontevedra Sur, Igor das Heras Liñero, José Maximino Cosmed e Manuel Bacelo, presidente e tesoureiro respectivamente de acuBam, os membros desta asociación poderán dirixirse á oficina en Tomiño para solicitar os produtos e servizos que contempla a oferta. Os xestores especializados de CaixaBank contan cunha acreditada experiencia en operacións e recursos para o sector primario, ao traballar cun importante número de empresas e de autónomos pertencentes a este colectivo profesional.
Con esta iniciativa, a entidade reforza o seu compromiso de atender as necesidades específicas de financiamento que presentan os produtores do campo galego.
Apoio a emprendedores
No marco do compromiso co emprego asumido pola Obra Social “La Caixa” ofrece tamén apoio financeiro dirixido concretamente a xente nova emprendedora. 75€ durante 6 meses para rebaixar a cota mensual de autónomos. Unha iniciativa máis da entidade para impulsar a economía da zona, promovendo a incorporación ao traballo de xente nova autónoma.