Patricia Rodríguez é a nova presidenta de acuBam
29 julio, 2016Falamos con… Vicente Sanjurjo Villar
25 agosto, 2016acuBam participa co novidoso proxecto “Deseñando o teu futuro”
O Concello de Tomiño leva a cabo por primeira vez este atractivo proxecto dirixido a 30 mozos e mozas de entre 14 e 18 anos do municipio. Trátase de poñelos/as en contacto durante 15 días nalgunha das empresas locais que firmaron o convenio de colaboración. Neste período os rapaces e rapazas mergullaranse no funcionamento diario dunha empresa, participando activamente na mesma.
acuBam ten entre os seus obxectivos principais a concienciación e divulgación do sector primario como un camiño de futuro para a mocidade e a súa implicación en proxectos deste tipo así o demostra.
O obxectivo do programa é aportar un referente profesional aos participantes e, á súa vez, propiciar a primeira toma de contacto da mocidade coa realidade laboral. Deste xeito as persoas participantes poderán descubrir se lles gusta ou non determinado desempeño empresarial e laboral, e aprenderán moitos aspectos do que supón un traballo.