acuBam e Agaexar unen forzas
25 noviembre, 2016Emprendemento agrícola no Baixo Miño
21 diciembre, 2016O pasado venres 16 de decembro acuBam celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria
acuBam pecha 2016 con grandes proxectos entre mans e afronta con gran ilusión os retos cara 2017.
A profesionalización do sector, a revalorización do traballo na agricultura, a organización e estrutura do sector primario e a unión de esforzos para camiñar na mesma dirección, foron os temas debatidos. A directiva de acuBam considera que “o relevo xeracional e a continuidade das nosas empresas no tempo pasan por dar cumprimento a estas necesidades”.
Logo da asemblea celebrouse unha “Cea Verde” aberta a diversas empresas do sector, na que se realizou unha labor de relacións públicas e divulgación da asociación nun ambiente distendido e informal de confraternización.