Rematamos o curso “Xestión de explotacións agrarias”
22 noviembre, 2016acuBam pecha 2016 con grandes proxectos
15 diciembre, 2016acuBam reúnese coa Asociación Galega de empresas de xardinería AGAEXAR
Membros da xunta directiva de Acubam reuníronse en Tomiño con Víctor Mario Pérez e Juan Antonio de Jesús González, presidente e xerente respectivamente da Asociación Galega de empresas de xardinería AGAEXAR.
Nesta primeira reunión tratáronse varios temas de interese común para intentar abordalos de maneira conxunta, como a formación contínua, visitas aos viveiros de produción e a sinatura dun convenio de colaboración.
acuBam aproveitou a xuntanza para convidar a AGAEXAR a participar na XIV Mostra Cultivos Baixo Miño, por tratarse da asociación máis representativa do seu sector na nosa comunidade aglutinando a 45 empresas.