Así funciona acuBam
16 noviembre, 2016acuBam e Agaexar unen forzas
25 noviembre, 2016O grupo valora positivamente a formación adquirida
Segundo palabras de Patricia Rodríguez “o balance foi moi positivo porque o curso resultou moi práctico e adaptado a realidade das nosas empresas”. A importancia destes cursos de formación radica non so na formación técnica que se adquire, senón na capacidade para tecer lazos e relacións entre todos nós: acercamentos de posicións, opinións, formas de traballar de cada empresa, ideoloxías, propostas, experiencias,… Toda esta posta en común é unha fonte de enriquecemento e aprendizaxe que non se pode atopar nin nos mellores libros”.
Ana González Baños, a asesora empresarial que impartiu o curso considera que se cumpriu o principal obxectivo do curso: trasladar ao grupo unha base de coñecementos contables que lles permita analizar as contas anuais das súas empresas para poder actuar sobres elas tomando decisións para que a súa actividade empresarial sexa máis rendible.
¿Cal é o teu balance do curso? Valoro positivamente a actitude do grupo, con moitas ganas de aprender para mellorar nas súas empresas. O obxectivo do curso conseguiuse na medida en que buscaban ferramentas e coñecementos prácticos para aplicar xa nas súas actividades empresariais.