acuBam arranca a Mostra 2017
13 septiembre, 2016Nova temporada, novas plantas
21 septiembre, 2016acuBam organiza o curso “Xestión de explotacións agrarias”
O equipo técnico de acuBam, a petición de varios dos seus socios, organiza un curso de “Xestión de explotacións agrarias” dirixido aos profesionais do sector agrario da comarca. Durante 40 horas, do 7 ao 18 de novembro, impartiranse coñecementos técnicos en materia de Xestión, Control e Cálculo de Custos, Estrutura de Balance, etc. O curso será impartido por unha excelente profesional da materia con máis de 20 anos de experiencia na Xestión de Explotacións.
O lugar de celebración será a aula da Oficina de Extensión Agraria do Rosal, situada na Praza do Calvario do Concello do Rosal en horario de 16 a 20 h. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 30 de setembro a través do mail acubamtecnico@gmail.com ou o teléfono 670 206 776 (José Collazo).
O custo do curso será financiado pola Consellería do Medio Rural.
Para máis información contactar con acuBam