acuBam formación
19 septiembre, 2016Coplant presenta as súas novidades en Iberflora
28 septiembre, 2016Cos cambios de estación preparamos terrazas e xardíns con plantas de temporada
Falamos con Roberto de Viveiros Rocha para que nos conte cales son as súas propostas para o outono. “Estamos inmersos nunha das campañas máis importantes do ano para nós: o Día de Santos, onde o crisantemo é a planta por excelencia”.
Hai cores tendencia tamén nas plantas? Si que hai modas, pero eu levo 20 anos no sector e o crisantemo branco e o amarelo son os protagonistas do Día de Santos. Nestas datas ten moita saída o crisantemo turner, que ten unha flor como un gran pompón.
E para o xardín ou a terraza, recoméndanos unha planta. O cyclamen é a planta do frío. Gústalle o frío para florecer. Nós traballamos unha gama de sete ou oito cores pero o branco e o vermello son os que máis saen.
E de cara ao inverno? Nuns meses teremos pensamentos, violas, brasicas, bellis,…