Os viveiros galegos de planta ornamental poderán certificar a súa produción co selo Galicia Calidade
30 agosto, 2016acuBam formación
19 septiembre, 2016Ilusionados coa organización dunha nova edición da Mostra Cultivos Baixo Miño presentamos a imaxe 2017
O comité organizador da Mostra 2017 adianta a celebración do evento ao sábado 4 e domingo 5 de marzo co obxectivo de facilitar a asistencia de público profesional nunhas datas que non son plena campaña para o sector verde.
A Mostra contará un ano máis coa celebración de xornadas técnicas especialmente dirixidas aos profesionais do sector, así como a segunda edición de “acubam innovación”, un espazo destinado a resaltar de forma significativa aquelas melloras, avances ou novidades de cada un dos expositores.
Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o eixo central da Mostra 2017 será a sostenibilidade entendida como a convivencia harmónica de economía, sociedade e medio ambiente.
A comarca do Baixo Miño é un paraíso natural onde o sector dos cultivos ten un peso económico importante. O obxectivo dos viveiros é seguir criterios sostibles nas súas producións con boas prácticas agrícolas e unha conexión co seu entorno máis próximo, participando en proxectos educativos para a infancia e a mocidade.