8 de marzo, Día da Muller
8 marzo, 2016Programación Mostra Cultivos Baixo Miño 2016
15 marzo, 2016Verdeneiva e Casanova Jardins de Viana do Castelo e Raiz da Terra de Caminha serán expositores convidados nesta edición
José Cosmed, presidente de acuBam, fala da internacionalización da Mostra 2016. “Queremos reflectir na Mostra a importancia das relacións comerciais do Baixo Miño co Norte de Portugal”.
Na nosa visita a Lusoflora falamos con Paula Vilanova, que nos falaba así das relacións entre ambos países.
Como valora as relacións comerciais España-Portugal e Galicia-Portugal? As relacións con España son de máxima importancia, pola similitude de cultivos e pola proximidade xeográfica. Sabemos que os nosos asociados do norte de Portugal teñen unha relación moi forte cos operadores galegos.
Coñece a Mostra Cultivos Baixo Miño? Acudirá a esta edición 2016? Coñecémola, algúns membros da dirección irán visitar a feira.
Cal é a situación do sector en Portugal? Neste momento o sector está estable, despois da baixada do IVA para 6%, houbo unha melloría. As empresas exportadoras continúan traballando ben.
Paula Vilanova, Organizadora de Lusoflora, Xestora da APPP-FN Associaçao Portuguesa de Productores de plantas e flores naturais.