A Mostra Cultivos Baixo Miño abre as súas portas a Portugal
14 marzo, 2016Mostra Cultivos Baixo Miño 2016, Boletín 1
21 marzo, 2016O sábado 2 e domingo 3 de abril terá lugar no Pavillón de Goián a 13ª Mostra Cultivos Baixo Miño
O evento, organizado por acuBam en colaboración co Concello de Tomiño, albergará nesta edición a trinta empresas do sector verde, tres delas de Portugal.
José Cosmed, presidente de acuBam, coméntanos que esta edición “quere dar un paso máis na internacionalización do evento demostrando que a colaboración dos viveiristas do Baixo Miño cos produtores do Norte de Portugal, tanto nos procesos produtivos como na comercialización, é positiva e enriquecedora para o propio sector. Desde Acubam, coa Mostra, é o noso obxectivo ofrecer ao profesional que nos visita a maior oferta posible de produtos e esta participación é sempre positiva e enriquecedora”.
Raiz da Terra, de Vila Praia de Âncora; Casanova Jardins, de Viana do Castelo, y Verdeneiva, de Alvaraes son as empresas que veñen de Portugal.
Outra novidade da Mostra 2016 será o stand “Innovación Acubam 2016”, un espazo destinado a presentar as novidades en flor cortada, auxiliares e planta ornamental que promoven a competitividade empresarial en Galicia e Norte de Portugal.
A xornada do sábado terá un marcado carácter profesional coa celebración de dúas conferencias: “Organismos Nocivos de Corentena. Impacto no sector viveirístico do Baixo Miño. Problemática fitosanitaria actual” de Antón Vázquez Caamaño (Inspector de Sanidade Vexetal da Xunta de Galicia) e “Un mundo cheo de oportunidades” de Fernando Sánchez Salinero (Consultor de Pemes).
Continuando o compromiso que a Mostra sempre demostrou coa educación verde nas aulas, o proxecto educativo “As nosas amigas as plantas III” realizouse durante varios meses nos centros escolares de Tomiño. Os participantes terán unha caseta para expoñer os seus traballos con plantas autóctonas, legumes e reciclaxe.
Como vén sendo habitual os artistas plásticos da comarca realizan unha exposición de arte e pintura coa temática do sector verde.
A Mostra pecharase o domingo pola tarde coa actuación musical de Andrea Pousa e Bruxo Queimán. Un espectáculo creado especialmente para o evento coa temática da orixe celta da planta autóctona.
Máis información sobre as conferencias