Formación técnica sobre pragas para os viveristas do Baixo Miño
26 abril, 2016Galicia e Irlanda unidas pola auga
10 junio, 2016Viveiros Rocha leva tres anos especializándose en planta de tempada e arbustiva
Surfinias, geranios, petunias, alegrías e todo tipo de planta de tempada loce esplendorosa estes días nas súas plantacións. Tamén producen vivaces e arbustos en xeral, cunha ampla variedade de coníferas.
Falamos con Raquel, técnica encargada da produción, para que nos conte como vai a campaña. Estamos en plena campaña de primavera. Ao ser especialistas en planta de tempada temos dúas épocas fortes no ano: a campaña de primavera e logo a de outono, cando chega a venda de crisantemo por Santos, que é un pico forte das nosas vendas ao ser un dos produtos máis importantes desa campaña, xunto co cyclamen.
Onde están os vosos clientes? En toda Galicia e norte de Portugal.
Como vivistes a pasada Mostra Cultivos Baixo Miño? Pois eu era a primeira vez que acudía porque comecei a traballar recentemente en Viveiros Rocha. Antes traballaba en xardinería e nunca acudira, e iso que son de Vigo. A Mostra a vi ben, aínda que notei falta de maior presencia de público profesional. Aínda que participamos activamente na invitación aos nosos clientes non foron moitos os que a visitaron. Quizais sería interesante buscar outros medios para a súa difusión que chegasen a máis posibles clientes das empresas alí representadas.
Ves recuperación económica no sector? No noso viveiro concretamente este ano foi mellor que anos pasados pero non creo que se deba exclusivamente á situación externa, senón a cambios de funcionamento interno da empresa. A recuperación económica, a día de hoxe considéroa lenta, ademais de que a meteoroloxía este ano non nos está axudando.
Cal é a túa planta favorita? O crisantemo entre outras, xa que estamos a traballar cunhas variedades novas moi interesantes.
Recoméndanos un xardín público para visitar. Un clásico, o Parque de Castrelos de Vigo ou a Praza de Compostela, en Vigo tamén.