Así foi a Mostra Cultivos 2016
6 abril, 2016Formación técnica sobre pragas para os viveristas do Baixo Miño
26 abril, 2016acuBam ten entre os seus obxectivos prioritarios a formación constante dos profesionais do sector.
O equipo técnico de acuBam organiza para os días 19, 20 e 21 de abril unhas xornadas técnicas baixo o nome de “Fitopatoloxía 2016”. Durante 10 horas, repartidas en tres xornadas, trataranse os problemas actuais de pragas e enfermidades máis importantes e perigosas para as producións da comarca do Baixo Miño. As charlas estarán impartidas por persoal técnico diverso da Estación Fitopatolóxica Areeiro.
Estas xornadas, dirixidas ao persoal técnico das explotacións agrarias do Baixo Miño, contarán coa asistencia dunhas trinta persoas. O lugar de celebración será a aula da Oficina de Extensión Agraria do Rosal, situada na Praza do Calvario do Concello do Rosal.