acuBam estuda a flora autóctona
9 septiembre, 2015Alerta de praga TRIOZA
15 septiembre, 2015Do 30 de setembro ao 2 de outubro estaremos en IBERFLORA, Feira Internacional de Planta, Flor, Xardinaría, Tecnoloxía e Bricoxardín
No P3 N3, posto E48 estaremos promovendo a bisbarra produtiva do Baixo Miño. A planta ornamental é xa un símbolo do Baixo Miño e, xunto coa flor e as empresas auxiliares, é tamén un importante piar económico para a bisbarra. Todo o sector de cultivos do Baixo Miño viviu unha profesionalización e expansión nos últimos anos que debe de materializarse na ampliación de relacións comerciais que nos permitan chegar máis lonxe.
Este ano acuBam estará presente en Iberflora con posto propio para mostrar a potencia e crecemento que o sector está a levar a cabo nestes duros anos de crise económica.
IBERFLORA é o grande evento de todo o sector verde en España. Do 30 de setembro ao 2 de outubro daranse cita en Valencia todas as empresas punteiras do sector, produtos e servizos, foros, innovación… Por iso acuBam quere estar presente con posto propio para poder abrir mercados e para que a xente coñeza o Baixo Miño como o centro de produción do sector verde en Galicia.