Comeza o curso
2 septiembre, 2015Xa temos stand en IBERFLORA
11 septiembre, 2015acuBam promoveu este ano unha “Prospección de especies de flora autóctonas con posibilidades de uso como planta ornamental”
Aproveitando a convocatoria da Consellería do Medio Rural e do Mar de “Axudas para accións de conservación de recursos xenéticos na agricultura” financiada polo FEADER acuBam investigou algunhas das 2400 especies vexetais que conforman a flora autóctona de Galicia para coñecer as súas posibilidades ornamentais.
O feito de utilizar estas plantas autóctonas supoñen unhas avantaxes como:
- Estar ben adaptadas a unha grande variedade de condicións (acidez solo, seca do verán, pobreza nutrientes, zonas encharcadas, zonas salinas, etc).
- Non son especies invasoras, e por tanto máis respectuosas coas especies naturais.
- Non son obxecto de pago de “royalties”.
- Supón un novo produto no mercado que pode ter o seu nicho.
Os criterio de selección de especies nesta primeira prospección centráronse en buscar plantas que se utilizaran como condimento, como planta medicinal e que poidan ter un uso potencial como planta ornamental.
- Plantas utilizadas como condimento: Beta maritima, Cakile maritime, Crithmum maritimum, Salicornia ramosissima.
- Plantas con uso medicinal: Corema album e Thymus caespititius.
- Plantas ornamentais: Allium sphaerocephalon, Heracleum sphondylium, Iris pseudacorus, Lythrum salicaria, Verbascum simplex.
De todas as especies se recolleron sementes e plantas, en cinco puntos da xeografía de Galicia (Costa e Sur da provincia de Pontevedra) para garantir un máximo de variabilidade. Na Estación Experimental do Baixo Miño se multiplicará este material e se analizarán os parámetros de crecemento de cada unha das especies quedando tanto os datos recollidos como o material multiplicado a disposición de acuBam. En próximas datas o responsable da prospección, Gaspar Bernárdez Villegas, e Manuel Riveiro Leira, da Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, farán a exposición pública do proxecto no Baixo Miño.
Nomes comúns das plantas investigadas:
Allium sphaerocephalon subsp. sphaerocephalon L. > Allo bravo
Beta maritima L. > Acelga mariña
Cakile maritima subsp. integrifolia (Hornem.) Greuter & Burdet > Eiruga mariña
Heracleum sphondylium > Caliborcia
Corema album (L.) D. Don > Camariña
Crithmum maritimum L. > Fiuncho do mar
Iris pseudacorus L. > Espadana amarela
Lythrum salicaria L. > Herba carapau
Salicornia ramosissima Woods; > Salicornia
Thymus caespititus Brot. > Tomelo
Verbascum simplex Hoffmanns. & Link > Seoane