acuBam en Vila Nova de Cerveira
17 septiembre, 2015Coplant expoñerá en Iberflora 2015
23 septiembre, 2015Nos seus 48 m2 Juan Peixoto expoñerá unha mostra representativa das plantas ornamentais que cultiva.
Que esperas de Iberflora 2015? Este ano esperamos alcanzar mellora nas vendas, xa que hai certa recuperación. O noso mercado é nacional, e unha feira como Iberflora é o punto de encontro cos nosos clientes cada ano.
Que novidade levaredes a Iberflora? Nun lugar destacado estará a Hortensia Innocence®, variedade patentada que florece dúas veces ao ano.
Que ten Iberflora que non teñan outras feiras? En España non hai outra igual. A pesar de que hoxe día é a cuarta parte do que era, Iberflora atrae a moita xente. Nós acudimos ilusionados, porque parece que todo mellora.
Este ano acubam terá stand en Iberflora, como o ves? Con dúbidas porque a xente vai co tempo moi xusto e ten que comprar, entón os postos que non venden produto, como será o de acubam, como tamén ten Viveralia, e outros, cústalles captar a atención dos visitantes. Pero a ilusión hai que tela, ir e probar.
Acudistes como expositores a outras feiras este ano? Como expositores estivemos en Viveralia, Alacante. Levamos varios anos acudindo pero esta edición non foi boa. Coincidiu mal tempo, unha gran nevada, estivo o país paralizado, e ante iso non hai nada que facer.
Como ves o panorama? Vexo que o mercado nacional empeza a repuntar. A recuperación é lenta, pero leva varios anos cara arriba. O problema é a inestabilidade no mercado, que un mes é boísimo, pero como lle seguen tres malos, pois estamos como estabamos. Nós o que fixemos foi axustar a produción á demanda que había. Non buscamos novos mercados nos tempos revoltos. Centrámonos en mellorar a nosa calidade, a nosa marca, a nosa presenza no mercado.