Alerta de praga TRIOZA
15 septiembre, 2015Viveros Juan Peixoto expoñerá en Iberflora 2015
21 septiembre, 2015acuBam participou nas “Xornadas Escolares sobre as Políticas Europeas e o seu impacto nos Cidadáns”
Esta mañá no Auditorio da Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira (Portugal) acuBam expuxo o seu caso práctico de desenvolvemento socioeconómico a nivel local, tendo en conta as potencialidades autóctonas e adecuándose ás políticas europeas. Concretamente o proxecto educativo que acuBam desenvolve nos centros escolares, “As nosas amigas as plantas”, expúxose como mostra da revalorización do sector primario partindo do traballo nas aulas.
As xornadas están organizadas pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP-AECT), unha institución centrada en fomentar e potenciar a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.