Brotes en Iberflora
29 septiembre, 2016acuBam valora positivamente a súa participación en Iberflora 2016
3 octubre, 2016Viveros Juan Peixoto, claro expoñente de planta ornamental galega
Como está o ambiente? Mellor que outros anos. O ano pasado xa foi bo, pero este ano é mellor. A xente está animada, con gran optimismo, hai máis expositores. Hoxe estamos á expectativa, adoita ser un bo día.
Que produto tedes no stand? Planta ornamental galega de toda a vida, que é a nosa especialidade: Camelia, Magnolia, Azalea, Hortensia… aínda que imos incorporando novas variedades que o mercado demanda.
Cal é o perfil de cliente que vos visita? Un pouco de todo, clientes de toda a vida e tamén novos. Algún estranxeiro, pero sobre todo españois, o noso mercado está en España.
Que tal a imaxe da zona de Galicia? A zona de Galicia está espectacular. Con pouco diñeiro conseguiron un gran impacto, unha imaxe moi galega a dos paraugas. Ademais o stand está moi ben, e o persoal que temos á nosa disposición é espléndido. Onte recibimos a visita da Directora Xeral Belén do Campo e hoxe virá a Alcaldesa de Tomiño. Agradécese que estean pendentes de nós.