Viveros Juan Peixoto en Iberflora
29 septiembre, 2016As gramíneas ornamentais son tendencia
4 octubre, 2016Con máis de cen contactos realizados, acuBam valora positivamente a súa participación na feira de Valencia, Iberflora 2016
Falamos con Bea Covela, quen acudiu xunto con Juan Carlos, Óscar Vaquero, José Cosmed e Begoña Carrera para representar o stand de acuBam.
Como resultou a presenza de acuBam en Iberflora 2016? Este ano levamos a cabo varias estratexias para aumentar a representatividade da asociación na feira:
Comezamos o martes 27 participando en “a cea + verde” organizada por Iberflora e á que acudiron 500 profesionais, entre eles 300 Gardens e invitados do sector, realizando unha labor divulgativa e de relacións públicas de presentación de Acubam.
Desde o stand situado no Pavillón 1, recibimos máis visitas que o ano pasado, entregamos os folletos de información de todos os viveiros do Baixo Miño e da Mostra 2017. A decisión estratéxica resultou un éxito, xa que nos permitiu darnos a coñecer entre profesionais de Valencia e Andalucía, así como Cataluña, Zaragoza, Salamanca ou mesmo Francia, Taiwan, Usa, Canadá ou Marrocos, xa que era unha zona de moito movemento.
Como foi o día a día da feira? A primeira xornada foi moi boa, tivemos moitas visitas. Juan Carlos realizou visitas durante dous días por todos os stands de Iberflora para convidarlles persoalmente a vir a nosa Mostra Cultivos Baixo Miño 2017. E explicarlle a cada un que é acuBam.
Outra estratexia foi traballar os corredores, captando profesionais que visitaban a feira, dándolles información e enviarlles ao noso stand para que Óscar lles explicase e dese información da Mostra 2017. Varios viveristas de Galicia e socios nos visitaron, moitas grazas.
No terceiro día da feira estiveron Begoña e Cosmed no stand, ábrese a feira ao público xeral, polo que veñen moitos colexios, asociacións, etc.
Quedades con bo sabor de boca? Si, penso que acuBam debe volver porque é a maior feira en España de planta ornamental, onde acoden todo tipo de profesionais do sector. A labor de difusión que se fai alí da nosa zona é moi importante. A nivel de comunicación quédanos moito por facer, de feito con estes contactos crearemos unha base de datos para difundir acuBam, Tomiño e a Mostra. Este ano visitounos ademais a alcaldesa de Tomiño para apoiarnos e iso é de agradecer.