Entrevista con Sandra González, alcaldesa de Tomiño
10 agosto, 2017O curso “Enxertos en plantas de verán” realizou a súa formación práctica en Viveiros Nilo
5 septiembre, 2017“Enxertos en plantas de verán” é a primeira actividade dun calendario cheo de accións relacionadas co sector agrícola e forestal
Este primeiro curso desenvólvese entre o Salón de Plenos do Concello de Tomiño e Viveiros Nilo, onde ten lugar a parte práctica.
A Asociación de Desenvolvemento Eu Rural irá desenvolvendo o seu itinerario formativo ao longo do que resta de ano e do primeiro trimestre do 2018. Todos os cursos son de balde, así que se tes interese nalgunha das materias a impartir podes inscribirte en www.eurural.org.
Os vindeiros cursos tratarán temas como:
- Preparación de solos e podas para especies froiteiras atlánticas,
- Ferramentas útiles para o emprendemento,
- O control de pragas en cultivos,
- O uso eficiente da auga,
- Networking sobre vendas,
- Enxertos en plantas de inverno.
A maiores de todas estas accións teórico-prácticas, a programación complétase cunha visita a Asturias, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man a xestión das especies froiteiras na Comunidade veciña.
Todas as accións terán lugar gracias á promoción da ADR MAIV – Baixo Miño e á financiación ao 75% polo FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e contan coa colaboración do Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. “Cos pés na terra” é un Programa que persigue fomentar o desenvolvemento do medio rural por medio da información e da sensibilización en materia agrícola, e está dirixido a tódalas persoas interesadas do territorio que poden facer as súas inscricións a través da páxina web da ADR Eu Rural, www.eurural.org.