Os escolares dos centros educativos de Tomiño participarán na X Mostra de Cultivos do Baixo Miño
28 marzo, 2013Xa estamos no Facebook!!!
1 abril, 2013Os cativos das 12 unitarias do Concello están a coidar plantas para expor na pavillón de Tomiño os vindeiros días 20 e 21 de Abril.
Os nenos e nenas do CRA Manuel Garcés están a coñecer como se coida dunha planta. Esta é unha actividade organizada polo Concello de Tomiño e a Asociación Cultivos Baixo Miño (ACUBAM).
A actividade comezou o pasado mes de febreiro cando todos os alumnos e alumnas coñeceron os viveiros que Coplant ten en Goián. Alí os nenos e nenas entraron en contacto cunha productora de planta ornamental e puideron observarcomo se dunha fábrica se tratase como xestionan e producen plantas para exportar aoresto de Europa.
Este foi o primeiro paso dunha actividade que terá como fin a exposicióndas plantas que os miúdos están a coidar nas súas aulas.
A exposición está enmarcada dentro da feira que como todos os anos se organiza no pavillón de Tomiño ao chegar a primavera. Será nesta X Mostra de Cultivos cando os nenos e nenas do CRA Manuel Garcés adquiran un espacio físico nesta feira de calado internacional.
Os nenos e nenas nestes momentos e até mediados do mes de abril coidaran as plantas nas súas aulas e se teñen dúbidas ou algunha enferma, serán osmiúdos quenes fagan uso do “teléfono verde”. ¿que é o teléfono verde? É un teléfono que os viveiristas de Tomiño puxeron a disposición dos nenos e nenas para que sexan eles mesmos quenes lle consulten aos especialistas toda a problemática da planta. Éo SOS dos nenos e nenas neste proxecto.
Este ano a Mostra de Cultivos e o sector do viveirismo queren contribuir aposta en valor deste sector punteiro na comarca que en época de crise non fai máis que crecer.
Os miúdos toman contacto cun ser vivo como son as plantas, as coidan,aprenden delas e forman parte das súas tarefas. É a súa responsabilidade.
Finalmente, será os vindeiros 20 e 21 de abril cando o traballo doalumnado do CRA Manuel Garcés se mostre ao público que acuda ao Pavillón de Tomiño.
información vía Asociación de pais A VOLVORETA – Tomiño – link