Ensaios en planIDga
21 enero, 2014Actividades escolares dentro do proxecto “As nosas amigas as plantas”
21 febrero, 2014acuBam pon en marcha, coa colaboración do concello de Tomiño o proxecto ” Ás nosas amigas ás plantas”, co que se pretende achegar o mundo do viverismo aos colexios.
Nesta 11ª edición, a aposta que a asociación de viveiristas fai, vai un paso máis alá e, co apoio do Concello, pon unha diplomada en maxisterio a disposición dos centros do concello, para conseguir mellorar o traballo que os estaba a conseguir en pasadas edicións, nas que coa colaboración de asociados como Suministros Hortícolas Bacelo, que doaba o criadeiro e todo o material necesario, cada neno podía cultivar a súa propia planta ornamental.
No pasado ano, créase o Teléfono Verde unha aposta por transmitir os coñecementos dos nosos empresarios viveiristas aos máis pequenos e os seus docentes, nesta edición, a aposta é aínda máis ambiciosa e ponse en marcha este plan piloto con grandes expectativas. buscando así, cumprir cunha das premisas da asociación, que é a defensa do sector e a súa revalorización social.
De aquí ao 25-26 de abril, queda moito traballo por facer, a medida que o proxecto vaia transcorrendo, irémosvos facilitando máis curiosidades deste.