As nosas amigas as plantas
24 enero, 2014Surfinias de Suministros Hortícolas Bacelo
18 marzo, 2014Continuando co proxecto “as nosas amigas as plantas“, a nosa educadora continúa percorrendo as aulas dos colexios do concello de Tomiño, achegando aos nosos nenos un pouquiño máis a nosa culturaviveirística do Baixo Miño
Destes pequenos exploradores, seguro que sairán grandes empresarios e xente traballadora con iniciativas. Nas nosas mans está contribuír a que proxectos como este se leven a cabo. Mesmo se creou un pequeno blog onde se irán subindo imaxes e contidos das actividades.Podedes velo nesta dirección: http://asnosasamigasasplantas.blogspot.com.es/p/asi-medran-as-nosas-plantas.html
Outras actividades xa feitas teñen os textos e fotos aquí:
Cremos que é de xustiza agradecer a colaboración de todas as partes implicadas: Concello de Tomiño, colexios, acuBam e como, non a nosa “profesora particular”. Todos os organismos puxeron da súa parte e apostaron por formar e difundir a cultura das plantas, cultura que hoxe é un medio de vida para moitas familias do Baixo Miño.
E mención especial merecen algúns dos asociados acuBam que realizaron as achegas de materiais de xeito totalmente gratuíto e que permitiron realizar as plantacións nas escolas, así temos que dar as grazas a Suministros Hortícolas Bacelo e a Viveiros Rio Tollo pola súa colaboración.
Agradecemos tamén a boa acollida que por parte dos docentes dos centros está a ter esta iniciativa.
Eu creo que neste punto, poderiamos despedirnos de moitas formas pero un moi mediatico e axustado o sentimento que este proxecto inspira, sería: “Vivamos como Galegos! ”