Atrasos na devolución do IVA nas empresas exportadoras de plantas ornamentais
28 junio, 2013Un grupo de socios de acuBam viaxa as FlowerTrials 2013
1 julio, 2013Dende a asociación de cultivos Baixo Miño acuBam, queremos facer pública a situación á que están sometidos moitos dos nosos asociados, con respecto á compañía de teléfono Orange.
Os nosos socios queren expresar o seu malestar cos servizos que a compañía lles está a ofrecer, así manifestan:
- Escaseza ou mesmo ausencia total de cobertura
- Cobramentos abusivos e erráticos na facturación de cada mensualidade
- Ausencia de persoal responsable, da empresa, que responda ás reclamacións presentadas
- Falsificación de firmas en contratos, incrementando liñas non contratadas
- Falta de cobertura 3G
Por todas estas causas, queremos dar o noso apoio aos socios afectados e facelo extensivo a empresarios externos á asociación, dende acuBam, queremos recalcar os graves prexuízos que esta situación está a ocasionar nas empresas, dado que a necesidade de comunicación cos clientes é indispensable.
Esperando que se solucione canto antes esta situación.