Dende a Asociación Cultivos Baixo Miño “acuBam” queremos poñer en coñecemento as queixas recibidas por parte de moitas empresas exportadoras de plantas ornamentais pertencentes á asociación.
A Axencia Tributaria mantén un atraso considerable na devolución do IVE que as devanditas empresas pagaron polas súas operacións de exportación. No que vai de ano non recibiron ningunha devolución por IVE, considerando que isto é un grave prexuízo para estas empresas, creando nestas un desaxuste financeiro, o que lles está a xerar unha perdida de competitividade, nun momento no que as exportacións están a tirar da economía neste sector.