Os viveiristas de Tomiño amosan a súa produción na Mostra de Cultivos do Baixo Miño
18 abril, 2013Sorteo dun cortacéspede cortesía de Talleres El Milagro
23 abril, 2013O presidente de acuBám, José Cosmed, e a alcaldesa de Tomiño,Sandra González, foron os responsables da inauguración da 10ªMostra de Cultivos del Baixo Miño no pavillón de deportes de Goián.
José Cosmed abriu a súa intervención falando do nacemento da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, indicando que “fortalecidos pola enerxía positiva que xera a alegría de chegar a esta décima Mostra del Baixo Miño se inicia un novo proxecto de futuro e de unión de empresarios relacionados co sector agrícola acuBám”. Ao tempo mostrou o seu respecto ás directivas que aos longo dos anos organizaron esta Mostra, cuxo traballo permitiu chegar a esta décima edición. Engadiu que a actual directiva “sentimos a obriga de dar un paso á fronte e crear esta asociación empresarial que acolle a todos os sectores relacionados coa nai terra”.
Explicou Cosmed que a filosofía que nutre este equipo de traballo se enriquece coa cooperación empresarial, buscando os mecanismos que aseguren a continuidade deste medio de vida e se adapte aos requirimentos dos novos tempos. A posta en valor do sector, dicíaCosmed, é unha as principais metas fixadas “as revalorizacións do aproveitamento da terra como medio de vida, e as educacións dos nenos ou novas cara a un respecto e amor pola terra que nos rodea”.
Dende acuBám queren facer unha feira profesional, engadindo que como profesionais do sector buscamos e programamos futuro” de aí o seu esforzo por dar a coñecer o seu traballo á xuventude. Concluía mostrando o seu agradecemento a anteriores directivas e en especial ao “ideólogo inicial” Juan Peixoto. Tamén deu as grazas ao concello de Tomiño e á súa alcaldesa que “entendeu este desafío”.
Pola súa banda a rexedora tomiñesa, Sandra González, destacou que esta Mostra está mellorada e consolidada, engadindo que estamos en tempos de cambio, mudanza, axilidades, de ser capaces de satisfacer aos clientes, de adaptarnos aos novos mercados, de mellorar os produtos… e nese sentido dicía que “o sector aquí representado fixo un grande esforzo, e demostrou que coa súa mellora constante non se atrincheirou, senón que está a aproveitar as oportunidades de cambio”. Tivo ademais Sandra González, palabras de recordo para os que “se atreveron a soñar para ensinar a bisbarra todo o potencial da nosa agricultura”, en referencia á primeira directiva. Cualificou ademais a creación de acuBám como momento histórico porque na súa opinión esta asociación vai ser decisiva para “unir esforzou, crear novas sinerxías, aprender uns doutros, ser competitivos… “. E recordaba que sempre tiveron claro a importancia do sector na economía de Tomiño e da bisbarra mostrando o seu apoio. Concluía a alcaldesa dando lectura a un artigo publicado no xornal Galicia en 1924 sobre o viveiro forestal de Juan Peixoto.