Premios acuBam Innovación 2017
17 enero, 2017As Nosas Amigas as Plantas 2017
25 enero, 2017Coplant leva 10 anos acudindo a IPM de Essen (Alemania)
Falamos coa súa responsable comercial Pilar Vaz Rodríguez para que nos conte como van os preparativos para a participación na feira líder mundial do sector que se celebrará do 24 ao 27 deste mes.
Que produto levaredes á feira?
Algún produto novo sempre levamos, pero é unha feira para mostrar os nosos produtos máis consolidados, os máis exportables: camelia, bambú, rhododendro, coníferas,…
O que imos vender nesta feira é o noso volume de planta e a súa homoxeneidade. Hai algún visitante pequeno pero o que máis vendemos en IPM Essen é grande volume.
Cal é o voso obxectivo?
Consolidar ventas, é dicir, fixar as reservas como pedidos, pero tamén consolidar relacións cos clientes habituais, facer novos contactos, pero sobre todo venta internacional de gran volume.
É a feira máis importante na que participades?
Dende o punto de vista internacional si porque están os nosos clientes ingleses, alemáns, holandeses, belgas, mesmo franceses. Para comunicarnos cos clientes internacionais é o lugar.
Pero a nivel internacional tamén é moi importante para Coplant o Salon du Vegetal, que sempre se celebrou en febreiro en Angers e este ano será por primeira vez en xuño en Nantes. O mercado francés é o segundo en volume de ventas logo do estatal. Veremos como vai este ano, con cambio de data e localización… alí estaremos.
Con que espazo expositivo contades?
Imos con 20 m2 e estaremos dentro da zona de España. Estamos agrupados baixo o FEPEX que é a Federación Española de Asociacións de Produtores Exportadores de Froitas, Hortalizas, Flores e Plantas vivas. Imos tres empresas galegas, Veraleza, Denoy e Coplant pero alí Galicia queda diluída dentro da marca España.
Quen estará atendendo as visitas?
Estaremos tres persoas: José Collazo, xerente de Viveiros Río Tollo, Nuria Martínez que é a nosa comercial de exportación e estarei eu como responsable comercial.
Con ganas?
Si, claro! É fundamental para empezar ben o ano porque é inicio de campaña de primavera. Unha feira así e básica para coller o pulso do mercado. Percibes perfectamente a actitude da xente, se está con ganas, con expectativas de negocio,… ademais para nós e o momento de encontro anual coa maioría dos clientes internacionais.