Coplant participa un ano máis na feria de Alemania
19 enero, 2017Manter viva a terra
6 febrero, 2017acuBam en colaboración co Concello de Tomiño pon en marcha un ano máis o proxecto de educación ambiental “As Nosas Amigas as Plantas” que chega á súa IV edición.
Este proxecto está deseñado para acadar un dos principais obxectivos de acuBam: revalorizar o sector primario e dignificar o traballo no campo como medio de vida digno. Consideramos imprescindible achegar aos máis pequenos estas ideas, para que coñezan este sector forte e creador de emprego no noso concello e que o día de mañá o poidan considerar unha opción de futuro para eles mesmos.
Turismo Sostible
A temática da Mostra Cultivos deste ano é o Turismo Sostible, polo tanto, As Nosas Amigas as Plantas 2017 consiste en facer un pouco de Turismo Sostible polo noso propio concello. Realizaremos unha visita guiada a unha das áreas de maior concentración de árbores senlleiras do Concello de Tomiño, o Espazo Fortaleza e as sendas próximas. Será un percorrido case circular polas sobreiras de San Roque; un estripeiro; o carballo, o salgueiro e o piñeiro do país máis grandes de Tomiño. Posteriormente, realizarase un descanso no parque do Espazo Fortaleza e finalmente, unha visita ó campo do Alivio, onde a escultora búlgara Liliya Pobornikova está traballando sobre o enorme e espectacular tronco caído do Carballo de Vilar.
500 participantes
O luns foi a quenda do CEIP Tebra, onte tocoulle ao CEIP Pintor Antonio Fernández, hoxe Sobrada, mañá xoves Pedro Caselles e venres Barrantes. Para a semana do 6 de febreiro realizaremos as visitas cos nenos e nenas do CRA.
Os nenos e nenas que participan no proxecto realizarán un debuxo que recolla a experiencia vivida. Estes debuxos formarán parte do espazo expositivo da Mostra de Cultivos 2017, que terá lugar o 4-5 Marzo de 2017.