José Collazo cóntanos todos os segredos da camelia
23 febrero, 2015Crecemento dos tulipáns
26 febrero, 2015A alianza entre a Fundación Xavier Pousa, Concello de Tomiño e Acubam dá un paso máis.
Nesta ocasión foi a quenda de Forcadela. No punto quilométrico 61,5 da estrada PO-552 axardinouse unha nova zona degradada cunha actuación vistosa e chea de cor que contrasta co verde predominante na masa forestal.
As árbores doadas por Viveiro Casaíta son lagerstroemia índica e magnolia “heaven scent” e os arbustos doados por Viveiros Corema, Galiplant e Fonte dous Carreiros son coprosma, eriostemon, azaleas e rododendro.
A diversidade de especies escollidas ofrecerá unha complementariedade e variedade de cores ao longo de todo o ano.
A próxima actuación será en Torrón. Estase a traballar no estudo das drenaxes e tamén dos paneis informativos.