Praga do picudo vermello
5 noviembre, 2015A Poinsettia anuncia o Nadal
27 noviembre, 2015No Baixo Miño o cultivo de ciclamen realízase en viveiros como Vidaplan
O ciclamen é unha planta de bulbo que florece no inverno, achegando cor á nosa casa ou xardín na época fría, xa que resiste perfectamente as baixas temperaturas. No Baixo Miño o cultivo de ciclamen realízase en viveiros como Vidaplan. Con eles falamos para saber un pouco máis desta planta de tempada.
É unha planta delicada? Para nada, dáse perfectamente en exterior ou interior sen excesivos coidados. Unicamente destacaría que a rega debe de ser moderada, evitando encharcamentos.
É unha planta moi valorada inverno. A floración é continua e abundante durante tres ou catro meses, nunha época na que escasean as flores. A medida que as flores se van marchitando é aconsellable retiralas da planta para evitar que podrezan sobre as follas.
Denomínase planta de tempada pero o bulbo pode aguantar perfectamente dun ano para outro, sendo conveniente abonar lixeiramente na primavera con abono rico en potasa.
Cal é a cor do ciclamen? A variedade de cores é ampla. Desde o elegante branco a unha gama de diversos tons de vermello e rosa, tamén jaspeados ou relados.
É unha planta que cada vez ten máis mercado? Emprégase moito nas humanizacións de espazos públicos porque é moi agradecida en exterior, achegando cor en épocas frías. O noso cultivo de ciclamen véndese integramente en centros de xardinería do noso país. Realizamos o cultivo en invernadoiros fríos, polo que a planta é máis dura e resistente. No resto de Europa consómese moito ciclamen pero cultívano alí mesmo.