Nosos asociados visitan FlowerTrials en Países Baixos e Alemaña
22 junio, 2017Cultivos Miñotos, emprendemento agrícola desde O Baixo Miño
30 junio, 2017Coplant, a comercializadora de plantas máis internacional do Baixo Miño; presentou os seus produtos no Salon du vegetal celebrado en Nantes, Francia, os días 20,21 e 22 de xuño de 2017.
Chegados hai uns días, fannos unha valoración.
Este ano o Salon incorporaba dúas novidades, cambio de data e de localización. No ambiente expositor e a nivel organizativo isto supón un cambio drástico, pero vívese como unha renovación. Antes de abrir a sensación era dunha nova feira e había moitas expectativas porque as novidades sempre son rechamantes.
Calcúlase que asistiron 15.000 visitantes profesionais, cumpríronse estas expectativas?
Nun principio a nova data para nós non era a mellor e era ademais unha semana especialmente calorosa. Con todo, superou as nosas expectativas. Tivemos moitas visitas, fixemos novos contactos e mesmo pechamos pedidos. A nova localización pareceunos moi acertada, cunha contorna natural adecuada a unha feira de plantas.
Coplant é unha empresa que se move comodamente nas feiras, forma parte da vosa estratexia comercial.
Si, ao longo do ano asistimos a cinco ou seis feiras como expositores; en Alemaña, Valencia, Goián, Portugal e Francia. Nesta de Nantes hai que estar, Francia é un dos nosos mercados máis importantes. O noso principal obxectivo é darnos a coñecer e expoñer o produto. Nas feiras ademais te atopas cos clientes e fidelizas a relación. Por outra banda Coplant tamén asiste como visitante a numerosas feiras internacionais, é importante estar informado.
Son as feiras eventos onde se fan negocios?
Sempre depende da feira e o seu mercado. A curto prazo é o punto de partida de moitos negocios e é a medio prazo cando se producen as vendas.