Holanda marca tendencia
27 noviembre, 2017Presentación do Plan Estratéxico
14 diciembre, 2017En Galicia a colleita de mazá de sidra será recordada como unha das maiores nos últimos anos
Como foi a colleita da mazá en Cultivos Miñotos?
2017 foi ano de mazá. Segundo o dito popular, ano impar, ano de mazá. Son crenzas populares pero tecnicamente o ideal é que pasen unhas 800 horas de frío e neste inverno así foi. O ciclo vexetativo da planta cumpriuse moi ben, as maceiras floreceron con moita forza.
Cantos quilos recollestes?
A nosa é unha plantación nova, este é o noso terceiro ano. Nos primeiros anos non teriamos que recoller froita pero o ano pasado recollemos 2.500 kg. e este ano 12.500 kg. 10.000 kg. foron para a sidra Maeloc de Estrella Galicia e os 2.500 kg. restantes para mazá de mesa.
Un aumento impresionante, a que se debeu?
Tal aumento débese ao natural crecemento das árbores, que multiplicarán a súa produción ata o 5º ano. Este incremento na súa produción é normal, non foi ningunha sorpresa. Tamén é certo que non tivemos nin enfermidades nin pragas, a parte de algo de pulgón. O único axente negativo foi a tremenda seca que vivimos. Tivemos que paliala con rego, tanto con sistema automático, como con tractores cisterna.
A cantidade foi boa, e a calidade?
Moi boa. Tanto por tamaño, como por grados brif, e aspecto. O aspecto é moi bo a pesar de que teñen algunha mancha porque o noso é produción ecolóxica, por iso non son mazás de escaparate, son mazas naturais.
Como realizastes a recollida?
A recollida fixémola en dous días. Formamos un equipo de 8 persoas que recollemos manualmente a froita para capachos. De aí para big bag e ao día seguinte para a sidrería de Custom Drinks en Chantada, elaboradora da Sidra Maeloc.