En negro contra as violencias
24 noviembre, 20172017 foi ano de mazá
29 noviembre, 2017A Feira Internacional de Floricultura (IFTF) e a Royal Flora Holland, citas imprescindibles para o sector
Do 8 ao 10 de novembro o noso socio Manuel Bacelo estivo en Holanda visitando as dúas feiras.
Cal é a diferenza entre as feiras?
A IFTF é unha feira internacional dedicada á tecnoloxía, importación e exportación de flores, estacas e maquinaria auxiliar. A Royal Flora Holland é unha feira máis orientada ós produtores holandeses de planta en maceta e flor de corte. Hai tamén accesorios para a decoración, planta artificial, flor seca, etc. Cada ano os produtores e os exportadores invisten máis diñeiro na presentación dos seus produtos para facer máis atractiva a venta ó consumidor final. O produto xa está terminado e decorado, para que as florerías e os garden centers xa non teñan que facelo para que no momento que o reciben xa está listo para a venta.
Como atopaches o ambiente?
Levo indo toda a vida a Royal Flora Holland e non me defraudou. Había moita, moita xente, compradores de todo o mundo. Eu localicei cinco ou seis produtos para probar nas miñas instalacións e logo poder vender na zona.
Que ías buscando?
Novas variedades en estacas para eu probar aquí e subministrar aos clientes da zona. Sempre hai novidades que poder mercar. Ata begonias perfumadas había este ano.
Que novidades destacarías?
O helleborus, como planta para enmacetar, e un gran oferta empresarial de rosas tanto de procedencia holandesa como de Colombia, Ecuador e Kenia.