Presentación da “Prospección de especies de flora autóctonas con posibilidades de uso como planta ornamental”
9 diciembre, 2015Memoria Prospección Flora Autóctona
15 diciembre, 2015O abeto é o árbore que simboliza o Nadal.
Cando se coloca o árbore de Nadal inauguramos a tempada de festas. Pero plástico ou natural?
Para coñecer como vai a campaña 2015 falamos con Natalia Peixoto de Viveiros Nilo que comercializan dende hai máis de 25 anos abetos.
Cal é o motivo polo que o árbore de plástico está desbancando ao natural? Pois pola fácil reutilización. Un abeto natural, cando pasan as festas, hai que plantalo na terra porque en maceta non pode sobrevivir. Nalgúns lugares, sobre todo cidades, está funcionando un sistema de recollida de abetos para a súa posterior plantación en montes.
É medioambientalmente sostible comprar un abeto polo Nadal? Os abetos que se venden para decoración de Nadal cultívanse exclusivamente para ese fin. Hai empresas que viven do cultivo de abeto para Nadal. Cando remata a temporada volven plantar novos árbores que serán postos á venda un ano despois.
Onde se cultivan os abetos de Nadal que comercializades? En España os maiores produtores están en Girona e no País Vasco. Actualmente hai escaseza no mercado porque pecharon moitas empresas. Hai 20 anos vendíase moitísimo abeto polo Nadal, iso foi a menos tocando fondo hai uns cinco anos. Actualmente estamos en recuperación lentamente deste mercado, hai un repunte na venda de árbore natural.