O curso “Enxertos en plantas de verán” realizou a súa formación práctica en Viveiros Nilo
5 septiembre, 2017Aprender a emprender
14 septiembre, 2017Actualmente 20 alumnos e alumnas están a cursar esta actividade
Continúan as actividades que a Asociación de Desenvolvemento EU Rural promove a través do Programa formativo “Cos pés na Terra”, centradas no sector agrario.
A “Escola EU Rural” é unha ferramenta para a formación que impulsa accións como as que se encadran no actual Programa “Cos pés na terra”, que conta con financiación de fondos FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e nos que colaboran tamén o Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM.
O prazo para inscribirse nas actividades do programa “Cos pés na terra” segue aberto para algúns dos cursos aínda pendentes de realizar. As persoas interesadas poden facer as súas inscricións a través da páxina web www.eurural.org.