Coplant foi a representación do Baixo Miño en Lusoflora
3 marzo, 2015Segunda sesión: a viña
5 marzo, 2015Os días 6 e 7 de marzo retomaremos o proxecto de innovación social desenvolvido por Roberto Carballo.
O venres 6 de marzo con empresarios e o sábado 7 con educadores, estudantes e familias.
A idea básica é conseguir espazos de cooperación e interrelación máis potentes, e que se marquen proxectos para innovar, para mellorar, para cambiar.
Despois do primeiro paso de re-coñecemento do que somos, agora toca formar grupos, colaborar e forxar proxectos que se poidan poñer en marcha para mellorar o noso traballo e sentir que estamos a cambiar cousas para mellor.
Máis información en http://tominoinnovacion.blogspot.com/