3ª Edición de Nosas Amigas as Plantas
20 enero, 2016Viveiros da Barxa comeza 2016 cheo de novos proxectos
29 enero, 2016A directiva de acuBam e a alcaldesa do Concello de Tomiño entrevistáronse coa Conselleira de Medio Rural, Ángeles Mejuto.
Unha reunión de gran interese para o sector do viveirismo da comarca do Baixo Miño na que se presentou un informe da situación dun sector punteiro sustentado por tres eixes económicos básicos: kiwi, viña e planta ornamental.
Realizouse unha descrición da importancia en valores do sector da planta ornamental e das empresas auxiliares, así como do tecido empresarial e o grado de desenvolvemento deste sector agrícola.
O informe que se presentou á Conselleira contemplaba unha relación de todas as acción levadas a cabo no último ano para potenciar o sector, así como novas propostas centradas na formación dos asociados e da poboación en xeral. Ademais, acuBam presentou un proxecto de estudo de plantas autóctonas de baixo consumo de auga e de uso medicinal e un avance da programación prevista para a 13ª edición da Mostra Cultivos Baixo Miño que se celebrará os días 2 e 3 de abril.
Tamén se trasladaron as necesidades de índole lexislativa e administrativa que entorpecen a competitividade das empresas do sector.
Falamos con Patricia Rodríguez, secretaria de acuBam, para que nos conte cómo resultou a xuntanza.
Cales foron as vosas peticións?
“As problemáticas expostas foron referentes a diversos campos que dificultan o crecemento do sector como o problema do acceso a terra, a pouca cobertura de internet, as necesidades de apoio para abordar as problemáticas no campo fitosanitario ou a xestión de residuos das explotacións”.
Cal foi a actitude da Conselleira?
“A sensibilidade e o interese que mostrou por este sector e pola zona en xeral resultou patente en todo momento”.
Balance da reunión
“Saímos esperanzados, co seu compromiso para adoptar as medidas necesarias que nos permitan solucionar os problemas expostos”.